miércoles, 8 de febrero de 2012

Agora vou a colgar unha serie de videos de música popular galega , como son os pasodobles españois. A todas as  persoas maiores lle gusta este tipo de música.
                








viernes, 3 de febrero de 2012

Compositorea e bandas galegas


O que quero salientar con este blog, e que a xente de Galicia coñeza a              enorme   riqueza que temos coa nosa música. En Galicia, ai un gran cantidade de compositores e músicos que rompen as fronteiras.  Para salientar compositores e para facerlles un pequeno homenaxe, vou a citar os mais importantes:

PASCUAL VEIGA IGLESIAS (Mondoñedo, 1842 - Madrid, 1906), autor da música do Himno galego e doutras composicións como "Alborada Gallega", coñecida como "Alborada de Veiga". Comezou a compoñer de neno. Foi profesor do Conservatorio Nacional de Madrid e fundou e dirixiu varios orfeóns, cos que recebeu numerosos premios. Co Orfeón Coruñés obtivo a medalla de ouro e as Palmas Académicas durante a Exposición Universal de París de 1889. Foi organista da Igrexa de San Domingos de Betanzos e da Colexiata da Coruña. Está enterrado no cemiterio de Mondoñedo, nunha tumba dedicado polos seus admiradores e paisanos. O que quero salientar con este blog, e que a xente de Galicia coñeza a              enorme   riqueza que temos coa nosa música. En Galicia, ai un gran cantidade de compositores e músicos que rompen as fronteiras.
 Para salientar compositores e para facerlles un pequeno homenaxe, vou a citar os mais importantes:

XOÁN MONTES CAPÓN [Lugo 1840-1899] foi o primeiro e máis importante representante do nacionalismo musical galego. Foi mestre de capela e organista da catedral de Lugo onde fixo de divulgador da música culta. Fundou o Orfeón lucense (1879) e a Banda Municipal. Colaborou na recollida de cantos populares con Casto Samoedro e Felipe Pedrell para o Cancionero  Musical de Galicia e Cancionero Popular Español. Da súa producción destacan Alborada Gallega, Sonata Gallega Descriptiva, Aires Populares de Galicia, A sega, As lixeiras anduriñas, Negra Sombra, e as seis Baladas Gallegas, onde musicou versos de Rosalía, Curros Enríquez. 


REVERIANO SOUTULLO OTERO [Ponteareas, 1880 - Madrid, 1932]. Xa desde moi novo apuntou unha capacidade para a música que o levou a dirixir, con só con catorce anos, o orfeón de Tui. Unha bolsa outorgada polo Concello de Vigo permitiulle completar a súa formación musical en Madrid, onde gañou o premio extraordinario da súa promoción. Gracias a isto puido perfeccionar a súa formación en Italia, Francia e Alemaña, instalándose ó seu regreso en Madrid. Alí acadou grandes éxitos no xénero da zarzuela, compoñendo case cen obras coma Paloma del barrio, La del Soto del Parral, Guitarras y bandurrias ou, en colaboración con Juan Vert La leyenda del beso Ademais de Zarzuelas, Soutullo compuxo numerosas obras para piano e orquestra, e mesmo a ópera La devoción de la Cruz. O autor evocou Galicia en obras coma a suite sinfónica Vigo, o Himno a Vigo, a zarzuela costumista Los zuecos de Mari Pepa, Rías Baixas ou a muiñeira As mozas do couto. Nembargantes, a súa obra máis coñecida é a que dedicou á súa vila natal, o pasodobre Puenteareas. A peza estreouse, coa dirección do propio autor na alameda desta localidade o 20 de outubro de 1929. Despois foise espallando por todos os recantos do país e grande parte do estranxeiro, e mesmo a Banda Real Inglesa chegou a incorporala ó seu repertorio. Soutullo non chegou a ver a internacionalización desta súa obra ó morrer só tres anos despois da estrea.


 A música galega vive hoxe un bó momento, con dúas orquestras sinfónicas, numerosas bandas, e escolas de música e conservatorios nos principais pobos e cidades, por non falar da saúde do noso folclore. O número de compositores é moi extenso, destacando a figura de Roxelio Groba, que no seu labor docente formou a moitos deles; outros estudaron fora de Galiza ou marcharon fora por diversas circunstancias. Tamén hai que salientar a tráxica perda de tres dos máis grandes novos valores (Viaño, Macías e Balboa), que nos deixaron demasiado cedo. Pero tamén vamos a facer unha homenaxe dos compositores que aínda nos acompañan e compoñen coma o primeiro día:

ROXELIO GROBA E GROBA [Ponteareas, 1931] Realizou os seus estudos musicais no Real Conservatorio de Música de Madrid. Posteriormente trasladouse a Suiza, país no que estivo sete anos, no que obtivo o Premio Internacional de Composición Dante Luini e no que se organizaron catro festivais co seu nome en recoñecemento ó seu labor artístico. A finais da década dos 60 retornou a Galiza, establecéndose na Coruña. Dende os sucesivos cargos que desempeñou (director da banda e orquestra municipais, director e profesor no conservatorio...) contribuíu grandemente á vida musical galega, especialmente á herculina. Paralelamente nunca deixou a súa tarefa compositiva, o que se traduce nun catálogo musical moi abundante: ten aredor de trescentas obras que abranguen tódolos xéneros, como o lied , abundante música de cámara, once concertos para solista e orquestra, seis sinfonías, sete cantatas, dous ballets e cinco óperas, entre outros. Dende 1992 adícase exclusivamente á creatividade musical, recoñecida con distincións como o Premio da Critica Galega concedido en 1979, Premio Xunta de Galicia da Cultura en 1992, Medalla Castelao 1995, nomeamento como “Galego do Ano” en 2002 ou Premio Internacional Auditorio de Galicia 2004. É membro da Real Academia de Belas Artes de Galiza, da Real Academia de San Fernando de Madrid e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses.


PAULINO MARTÍNEZ PEREIRO [A Coruña, 1957]. Reside entre Ferrol (A Coruña) e Vilalba (Lugo). Realizou estudios de Profesor Superior de Frauta Traveseira e 4 cursos de Filoloxía Galego-Portuguesa e Hispánica. Compositor de música sinfónica e de cámara. As súas obras interprétanse, á parte de na Galiza, en diferentes países de Europa e América. Conferenciante sobre temas musicais. Finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey de 2004 coa novela Sinfonía cíclica. Recibe o premio do Certame de Creación literaria Carvalho Calero co libro de relatos Habitar as illas no ano 2004. Actualmente é profesor de Música de Secundaria.


OCTAVIO VÁZQUEZ RODRÍGUEZ. [Santiago, 1972] Estudou no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e logo no Peabody Conservatory da Johns Hopkins University en Baltimore, actualmente reside na cidade de Nova Iorque. Recoñecido por moitos coma un dos líderes musicais da súa xeración, Octavio ten escrito extensamente en tódolos xéneros, dende música de concerto ata bandas sonoras. A súa música ten sido interpretada en diversos países de Europa e América. Premios e bolsas inclúen o II Concurso Internacional Andrés Gaos, o IV Concurso Internacional Prokofiev e a bolsa da Fundación Pedro Barrié de la Maza. Algunhas das súas obras máis destacadas son: Styx (sinfonía), Hermes, Memento; String Quartet No. 3, Trío para flauta, fagote e piano, Sonata para Viola e Piano No. 1 e 2, Trío para Flauta, Viola e Cello, Danzas Galegas, Ciclo de cancións para voz e trío con piano, Trío para Violín, Cello e Piano, Dezanove Preludios para Piano, Sonata para Violín e Piano No. 2., Cancións sobre Poemas de Ilia Galán.


Pero estes grandes maestros non compoñias para pasar o tempo, senón que compoñian con agarimo para que as obras que facían, foran tocadas por as nosas queridas e populares bandas de música de Galicia.
 É moi probable que se lle preguntásemos á xente que é unha Banda de Música, as respostas se aproximasen bastante á realidade. Con carácter xeral hai un coñecemento bastante preciso do que é unha banda de música, pero na actualidade denominacións como Banda Sinfónica, Banda-Orquesta, Banda Filarmónica, etc. contribuíron a crear certa confusión. En realidade a utilización de instrumentos de vento - metal e madeira - e de percusión, que como é sabido son os que integran as bandas, é antiquisima e algúns perviven aínda na súa forma orixinal en pobos moi primitivos, aínda que logo evolucionasen converténdose nos que todos coñecemos. Esta costume foi pronto vinculada con prácticas relixiosas e bélicas, e tanto nun caso como no outro duran hoxe en día. Pero tamén se utilizan para amenizar festas e romarias.
Galicia, na actualidade, e unha potencia implacable de escepcionales músicos, compositores e directores.
Actualmente as mellores bandas de Galicia son:
-A Banda Artística de Merza.

                                     -A Banda Cultural do Rosal.


                                      -A Banda de Bandeira.